Condicións de uso

Condicións de uso de fedi.gal.

O seguinte texto descrebe as condicións de uso dos servizos proporcionados baixo o dominio fedi.gal e subdominios (en adiante, Fedigal).

Ao acceder e usar estos servizos, aceptas cumprir con estas condicións de uso e a política de privacidade. Se non estás de acordo con estas condicións, por favor, non uses Fedigal.

  1. Rexistro e seguridade da conta

    Para usar Fedigal, debes crear unha conta e proporcionarnos información verdadeira, precisa e actualizada sobre ti. Debes protexer o contrasinal da túa conta e non compartilo con ninguén. Se sospeitas que a túa conta foi comprometida, debes avisarnos de inmediato.

  2. Contido publicado en Fedigal

    É a túa responsabilidade asegurarte de ter os dereitos ou permisos necesarios para publicar calquera contido en Fedigal. Ao publicar contido nesta plataforma, outorgas a Fedigal unha licenza non exclusiva, transferible, sublicenciable e libre de dereitos de autor para usar, aloxar, almacenar, reproducir, modificar, crear traballos derivados, comunicar e distribuir dicho contido a través de calquera medio e en calquera parte do mundo.

  3. Uso axeitado de Fedigal

    O seguinte tipo de contido non está permitido en Fedigal:

    1. contido ilegal en Galicia, España ou a Unión Europea
    2. contido difamatorio, acosador, información personal non autorizada, ou inadecuado
    3. contido discriminatorio por razóns como sexo, etnia, relixión, nacionalidade, casta, discapacidade, orientación sexual, identidade de xénero ou similares
    4. contido violento ou que incite á violencia ou promocione ideoloxías violentas
    5. o contido sexualmente explícito, erótico ou con desnudos deberá estar etiquetado como contido sensible. Se o servizo no permite etiquetar contido como sensible, este tipo de contido non estará permitido.
    6. o spam ou contido comercial non solicitado, indiscriminado e abusivo non está permitido. Contido comercial moderado e non intrusivo está permitido. Se se detecta un uso comercial que se considere abusivo, a conta poderá ser suspendida.
    7. o uso de bots ou ferramentas automatizadas de xeración de contido deberá ser moderado e non intrusivo. Se se detecta un bot que se considere intrusivo ou abusivo, poderá ser suspendido. Recoméndase consultar primeiro con [email protected] antes de crear contas bot.

    Suspenderase ou cancelarase calquera contido ou contas que incumpra estas condicións de uso.

    Os idiomas permitidos para os contidos xerados polos usuarios son o galego, o castelán e o inglés para poder realizar as tarefas de moderación necesarias.

  4. Modificacións destas condicións de uso

    Estos servizos ofrécense de forma experimental e queda reservado o dereito a modificar ou interromper o servizo en calquera momento, sen previo aviso e sen responsabilidade cara ao usuario. Tamén queda reservado o dereito a modificar estas condicións de uso en calquera momento e recomendámoste revisalas periodicamente. O uso continuado de Fedigal despois de calquera modificación significará que aceptas dichas modificacións.

  5. Limitación de responsabilidade

    Os servizos ofrécense "tal cual" sen garantías de ningún tipo, xa sexan expresas ou implícitas, en canto á operación dos servizos ou ao contido, información, materiais ou produtos incluídos nela. En ningún caso se toma ningunha responsabilidade de ningún dano de calquera tipo derivado do uso destes servizos, incluídos, entre outros, os danos directos, indirectos, incidentais, punitivos e consecuentes.