Política de privacidade

Política de privacidade de fedi.gal.

O seguinte texto descrebe a política de privacidade dos servizos proporcionados baixo o dominio fedi.gal e subdominios (en adiante, Fedigal) no uso da información personal dos usuarios ao acceder e utilizar os servizos. Ao utilizar Fedigal, aceptas as prácticas de privacidade descritas nesta política.

  1. Que información recollemos e como a usamos?

    Recollemos a información persoal que nos proporcionas cando te rexistras en Fedigal e usas os seus servizos, como o teu enderezo de correo electrónico. Tamén recollemos información sobre a túa actividade en Fedigal, como as túas publicacións e comentarios. Usamos esta información co único fin de proporcionar os servizos.

  2. Con quen compartimos a túa información?

    A túa información persoal non é compartida con ningunha outra parte.

  3. Como protexemos a súa información?

    Tomamos medidas de seguridade razoables para protexer a túa información persoal contra a perda, o roubo e o uso non autorizado. Non podemos garantir a seguridade da información que nos proporcionas e, polo tanto, recomendámosche que utilices contrasinais seguros, que non compartas os teus datos de inicio de sesión con terceiros e que non uses os servizos para almacenar información confidencial.

  4. Cales son as súas opcións e como pode exercer os seus dereitos?

    Podes actualizar ou eliminar a túa información persoal en calquera momento accedendo á túa conta en Fedigal. Se tes algunha dúbida ou desexas exercer algún destes dereitos, non dubides en poñerte en contacto con [email protected].

  5. Que cookies or outros sistemas de rastrexo de actividade se usan?